Página 2 de 14, 137 contenidos
miércoles, 24 de agosto de 2022
viernes, 3 de junio de 2022
Vense de fallar a XXVII edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, convocado polo Concello de Paradela en memoría do seu Fillo Predilecto, destacado poeta obreiro, emigrante que foi a ponte de unión entre Galicia e os galegos de Catalunya, dos que foi cronista.
Distínguese este certame pola especial concurrencia aos seus premios de escritores en galego e castelán, de Galicia, resto de España e Hispanoamérica, que participan remitindo os seus traballos especialmente por Internet.
Á presente edición concorreron un total de 913 traballos, dos que 409 foron no apartado de Poesía e 504 en narrativa, que participaron nos Premios de Narrativa, Poesía e Camiño de Santiago (este, para traballos nas dúas modalidades).
Se ben ao recibirse por correo electrónico a inmensa maioría dos traballos non é posible acreditar a procedencia dos concursantes, o abano de premiados evidencia o ámbito de influencia desta convocatoria anual, sendo esta edición a que rexistrou unha especial dispersión dos premios.
Así, os premios de narrativa foron para escritores/as de Arteixo, Buenos Aires, Cáceres, Huelva, Murcia e Madrid. Os de poesía, para A Coruña, Argentina, Lugo, México e Cádiz. E os ¿Camiño de Santiago¿ para concursantes de O Courel, Madrid, Asturias, Sevilla e Barcelona.
Estiveron presentes na xuntanza do xurado os membros José Manuel Máto Díaz, Alcalde; Angel Fernández López e Xesús Mato Mato (Fillos predilectos do Concello); José Antonio Giz Paz (Director de Galicia Digital), Xulio Xiz (xornalista) e a Secretaria do Concello, Ruth López-Mosquera García. Environ as súas valoracións das obras Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Xavier Rodríguez Barrio (escritor) e Santiago Rodríguez López (fillo do homenaxeado) desde Bristol (Reino Unido).
Acompáñase copia da acta do Xurado.
miércoles, 18 de agosto de 2021
Página 2 de 14, 137 contenidos