Fondo cabecera Concello de Paradela
Inicio » Novas

Novas

Mostra sobre Manuel Rodríguez na Casa das Palabras de Guitiriz

Durante o mes de agosto poderá visitarse na Casa das Palabras de Guitiriz unha mostra sobre o poeta nado en Paradela, Manuel Rodríguez configurada por oito paneis dobres sobre a vida e a obra do autor. Esta exposición itinerante que comezou o seu periplo en Paradela estivo distintos lugares como Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Barcelona.

No acto de inauguración estiveron presentes o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o rexedor de Paradela, José Manuel Mato Díaz; a rexedora de Guitiriz, Regina Polín; Santiago Rodríguez, fillo do poeta; Luís González Tosar, presidente do Pen Clube; Xulio Xiz e Alfonso Blanco, de Xermolos, asociación que promove a mostra.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es