Fondo cabecera Concello de Paradela

Actualidade

ENTREGA DE PREMIOS DA XIX EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

O venres, 19 de decembro será celebrado o acto de entrega de premios da XIX Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López ás 20:00 h no Centro Sociocultural. 
ENTREGA DE PREMIOS DA XIX EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Neste acto, que está aberto á participación do público en xeral, serán lidos fragmentos das obras algúns dos galardoados e haberá unha actuación musical do neto do poeta homenaxeado, así como unha actuación sorpresa do alumnado do CEIP San Miguel.

Nesta edición participaron un total de 757 obras, delas na modalidade de poesía foron 321 e na de narrativa foron 436. É destacable que do total das obras presentadas só 61 foron presentadas a través de correo ordinario e o resto chegou ao concello a través de medios telemáticos.

O gañador en narrativa deste ano foi Juan Ángel Cabaleiro, con domicilio en Argentina e na modalidade de poesía a gañadora foi a asturiana Mirta Chamorro Mielke.

Dada a alta calidade das obras presentadas, foron concedidos accésits e mencións de honra que non contan con dotación económica, estas distincións recaeron en Yolanda Gelices (Cataluña), Alba Sánchez Ares (Santiago de Compostela), Juan Luis Rincón (Cádiz), Jesús Alfonso Parada ( O Courel), Francisco de Asís Merchán (Mallorca), Mercedes Blanco Iglesias (Vigo), José Antonio García Villalta (Málaga) e Lourdes Monert (Miami)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es