Fondo cabecera Concello de Paradela

Actualidade

Exposición de Manuel Rodríguez López en Sarria

O xoves 6 de marzo foi inaugurada a exposición do poeta paradelense Manuel Rodríguez López (www.manuelrodriguezlopez.org) na Casa da Cultura do Concello de Sarria.

FOTO Exposición de Manuel Rodríguez López en Sarria

Esta exposición, na que ao longo de oito paneis se dá conta da vida e obra do poeta, ten carácter itinerante e estivo previamente no Centro Sociocultural de Paradela e no Museo Provincial de Lugo. Foi posible co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Concello de Paradela.

Poderá visitar desde o 6 ao 21 de marzo en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 h na Casa da Cultura de Sarria.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es