Neste lugar hai unha das mellores vistas do Camiño Francés a Santiago de Compostela e das reviravoltas que da o río Miño nesta ribeira, por algo este lugar foi escollido por unha coñecida marca de refrescos para realizar un anuncio publicitario.
Moi próximo a este lugar está a capela de Sta. María de Loio. Na capela podemos ver unha imaxe do Santiago, que nos recorda que nestas terras nace a Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e do sepulcro do apóstolo nos séculos IX-X.
Como chegar: Desde o lugar de Loio son 1.400 mts. En Loio tomamos un desvío que está sinalizado, despois chegaremos a un lugar onde hai un cruce con dous sinais, a de Loio nos leva a capela e a indicación de Cortes nos leva ao mirador.