O castro está formado por: foso, dúas terrazas e unha croa; a mellor forma de acceder é por a Folga dos Bois. Foi dado a coñecer por D. Manuel Vázquez Seijas en 1933, que recolleu diversos achádegos depositados no Museo Provincial de Lugo.
Durante os anos 1991 a 1993 realízanse tres campañas de intervención baixo a dirección de Álvarez Núñez, que publica os seus resultados no Boletín do Museo Provincial de Lugo e expón como comentario final que “...na construción do Castro de Barán comprobase unha forte influencia romana moi lonxana do sistema tradicional castrexo. Os muros das vivendas, construídos seguindo a técnica empregada nas construcións rurais do “imperio”, o tratamento dos materiais, o opus signinum, as esquinas redondeadas, os relieves¿,etc., así o testemuñan. A existencia dun planeamento urbano compróbase pola distribución das vivendas, o trazado da rúa, os traballos previos en cada metro cadrado do terreo para que se poidan edificar as vivendas, a coincidencia dos desagües¿etc.".
Ademais do castro, na parroquia de Barán poderemos ver un extenso bosque de carballos de gran porte na pendente do río Loio.
Ubicación: X:620313.48 Y:4736008.36