Fondo cabecera Concello de Paradela

Parroquias

SAN MIGUEL DA BRAÑA

76 habitantes. Lugares: Abrairas, A Braña e Millares.

A igrexa parroquial anterior ó século XVIII, foi transportada dende o lugar de Requeixada ata o pé do Camiño Real de Castela a Mondoñedo, protexido por un cruceiro de recente colocación. Nas inmediacións do lugar de Abrairas existen unhas augas minerais purgantes. Posúe unha pequena capela de construcción popular, con muros de mampostería e sillería de granito e lousa.

SANTIAGO DE CORNEAS

272 habitantes. Lugares: Albaredo, Antiguallas, Azoreira, As Bouzas, Córneas, Escanlar, Fontela, Fontecavada, Gasalla, Montouto, Paradela, Pereira, Rebedul, Reboleira, Solleiros, Surriba, Valinfolgueiro, Vilanova, Vilela, Vilagarcía, Vilardoi e Vilarín.

Ata pouco tempo atrás conserváronse as tradicionais pallozas en Vilagarcía, Rebedul, Vilardoi, Vilela e Albaredo. O Templo parroquial situado en Córneas consta de tres naves realizadas en pedra enlucida con esquinais de sillería. A cuberta é de lousa, a dúas augas, sufriu unha reedificación no ano 1804 e varias modificacións posteriores. Ó seu pé atopamos un dos teixos máis antiguos e valiosos de Galicia.

SANTIAGO DE CUBILLEDO

144 habitantes. Lugares: Anduriña, Cabreira, Castrelo, Castro, Cubilledo, Esgrade, Espiña, Ladride, Padornelo, Real de Sampaio, Sampaio, Suagranda, Trembedo, Vilares, Vilarín e Vilauriz.

No lugar de Castro hai unha casa, que polo seu aspecto podería representar o que queda dunha torre que existiu nese mesmo lugar, pertencente á xurisdicción señorial do conde de Amarante. A igrexa parroquial atópase en Cubilledo, no lugar de Cabreira localízase unha pequena capela que garda no interior unha imaxe da Divina Pastora. En Castrelo, sitúase a capela do mesmo nome, cun retablo de estilo barroco. En Vilarín atópase outra capela de dimensións reducidas, cun retablo moderno no altar maior, así como en Vilauriz, que conta tamén cunha capela.

SAN LORENZO DE DEGOLADA

37 habitantes. Lugares: Castro, Couto, Degolada e Eirós.

Merece destacarse unha serie de notorios vestixios da cultura castrense, ubicados nunha cima próxima á aldea de Degolada. Consérvanse restos do antigo templo, sendo a igrexa actual reconstruída no século XIX.

SAN PEDRO DA ESPERELA

334 habitantes. Lugares: Cádavo, Valdería, , Puñago, Candín, Cima de Vila, Corveira, Esperela, Penedos, Perrelos, Pradeda, Sanguñedo, Touzón, Valín e Vilaselle.

Destaca dentro da parroquia O Cádavo, capitalidade municipal e centro de servizos de Baleira. A igrexa parroquial situada en Esperela – barroca e reedificada en 1760- conserva no seu ábside restos da originaria construcción romana, con nave a tres augas, destacando a súa torre. No lugar de Castro, en Valdería atópase un importante asentamento Castrexo, e en Vilaselle cabe destaca-la pedra de armas da casa de Luaces.

SANTIAGO DE FONTANEIRA

135 habitantes. Lugares: Estornín, Fontaneira, Xestoso, Pandelo, Pasada, Sesto, Trabeiro e Vilar dos Adrios.

O seu nome venlle dado por constituir a líña divisoria das augas dos ríos Eo e Neira. A parroquial de A Fontaneira atópase ubicada ó pé da C-630 en dirección á Fonsagrada, construída en muros de pedra con cuberta de lousa a dúas augas sobre dous arcos de medo punto. En Vilar dos Adrios consérvase a Capela de San Miguel, conserva no seu interior un sinxelo retablo de estilo popular barroco. No lugar de Trabeiro atopamos a Capela de San Ramón do Trabeiro, de pranta rectangular e construcción popular, con cuberta a dúas augas. Tamén en A Pasada contan cunha capela na honra de Santa María, así como en Xestoso, onde podemos visitar unha pequena capela de pranta rectangular e construcción popular, emprazada no centro da aldea.

SANTA MARIA DE FONTEO

72 habitantes. Lugares: Fonteo, Ferraría, Castiñeiras, Río de Castro.

O seu nome deriva do nacemento do río Eo que ten a súa orixe en Fonteo, ós pes do seu nacemento se ubica a Area Rec. do río Eo e o Centro de Interpretación do Río Eo e a Fraga da Marronda. Dista 6 km. da capitalidade municipal. O seu templo parroquial é de tipo rural, nave a catro augas cun retablo central de estilo barroco popular.

SAN XOAN DA LASTRA

88 habitantes. Lugares: Lastra e Sollío.

Comunicada coa capitalidade municipal pola LU-630, dista 8 km. da mesma. A igrexa parroquial, de sinxela feitura, sitúase en A Lastra, sendo recentemente restaurada polo Concello, ó igual que o resto de igrexas parroquiais do municipio. Conserva no seu interior unha imaxe da Virxe co Neno, datada no século XV.

SANTA MARIÑA DE LIBRAN

162 habitantes. Lugares: Aldegunde, Barcias, Carraceira, Catatrigo, Cerreda, Foxo, Gulpilleira, Penas, Pereira, Ponte, Saime, Ventorro e Vilares.

O templo parroquial conserva elementos de orixe románica a pesares das varias modificacións sofridas. Estruturado nunha soa nave a dúas augas, adosada ó frontis, na fachada principal, está a torre de dous corpos, un inferior con arco apuntado e o superior con catro vans para as campás e arcos de medio punto. En Soumede atópase una capela de construcción popular.

SANTIAGO DE MARTIN

150 habitantes. Lugares: Casal, Coroto, Cortevella, Costa, Coto de Pedra, Xesteira, Landeira, Loureiro, Martín, Mendreiras, Murias, Paradela, Real, Salgueiras, San Bernabé e Forneas.

Na Cortevella atopamos un dos lugares máis fermosos de Baleira, a Área recreativa da Cortevella, que destaca polos meandros que o río Eo debuxa ó seu paso. En a Corota atopamos restos prehistóricos dun castro con lendas sobre mouros. A igrexa parroquial atópase en Martin, con nave rectangular, portas adinteladas e pórtico de madeira con nave a tres augas. O lugar de San Bernabé conta cunha gran capela de pranta rectangular, con dimensións de igrexa parroquial, presbiterio de igual forma, maior ca nave.

SAN LORENZO DE POUSADA

150 habitantes. Lugares : Rego de Pereira, Airexe, Pousada, Queirogal, Quintá, Teilalle e Vilar.

Comunicada coa capitalidade municipal pola LU-710, destaca a súa igrexa parroquial situada en Airexe, con planta cuadrada a catro augas e retablo barroco, recentemente restaurada.

SANTA MARIA DE RETIZOS

109 habitantes. Lugares: Muíña, Retizós y San Román.

O templo parroquial sitúase en Retizós que dista 9 km. da capitalidade municipal. Edificio relixioso que data do século XVII, XVIII con nave a dúas augas e entrada lateral con arco de medio punto.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es