Fondo cabecera Concello de Paradela

San Facundo de Ribas do Miño

San Facundo de Ribas

Parroquia formada por 13 veciños. Esta é unha parroquia de gran beleza paisaxística, na que podemos gozar da ribeira do Miño e dos seus viñedos en socalcos.

Destaca o conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, formado pola igrexa e a reitoral. Lugar que foi refuxio dos peregrinos que cruzaban o río en barca para non pagar o pontazgo de Portomarín.

Na ermida de Penarredonda, situada na parte alta do monte da Trapa, ó sur da parroquia se celebra unha romaría o 9 de setembro.

Esta parroquia está formada polos seguintes lugares: Abeledo, A Adega, O Lombao e Santa Marta.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es