Fondo cabecera Concello de Paradela

Santa María de Ferreiros

Santa María de Ferreiros

Igrexa situada no lugar de Mirallos, camiño francés a Santiago. Destaca a súa monumental portada románica na que podemos observar 3 arcos perfilados con axadrezados que abrazan un tímpano bilobulado baixo os que aparecen uns valiosos capiteis de ornamentación vexetal con rostros humanos labrados e outros con fantásticos monstros que se apoian en tres pares de columnas. Destaca a fina labra das ménsulas, dúas cabezas de león.

Foi priorado da Encomenda de Portomarín e servía de acollida de peregrinos, cun hospital nas súas dependencias. Este lugar está intimamente ligado ós cabaleiros da Orde de San Xoán.

As terras pertencentes a Santa María de Ferreiros estaban catalogadas como terras de realengo, circunstancia que permitía ós reis renunciar ó cobro de certos tributos en favor dun señor laico ou dunha entidade relixiosa (os cabaleiros da orde de San Xoán de Xerusalén). Así, pois, os fregreses de Santa María de Ferreiros quedaron exentos de pagar tributos ó rei, pero non se libraron de pagar boas rendas ó comendador de Portomarín ata mediados do século XIX. Estes feitos son os que acreditan tamén que a parroquia de Ferreiros teña formado parte da xurisdición de Portomarín ata 1835; e que, incluso, desde esta última data a 1840 fora adscrita ó concello de Portomarín.

Ubicación: 42.783709, -7.536685 42°47'01.4"N 7°32'12.1"W

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es