Fondo cabecera Concello de Paradela

Deportes

As instalacións para a práctica deportiva coas que conta o Concello de Paradela son as seguintes:

Piscinas Municipais

As piscinas municipais están situadas na Rúa da Gándara s/n (localización GPS, coordenadas: 42.765383, -7.562563 ; 42°45'55.38", -7°33'45.23").

As instalacións contan con dúas piscinas descubertas, unha de chapoteo para os máis pequenos da casa con 8 mts de diámetro e a de adultos, que ten 25 m de lonxitude e 12,50 m de ancho; con profundidade máxima de 2,20 mts e mínima de 1,40 mts. As instalacións constan ademais de vestiarios e cafetería.

Están abertas ao público en xeral, no verán, en horario de 12:00 h a 20:00 h, tódolos días da semana.

Os prezos das entradas son de 0,60 € para os menores de 18 anos e de 1 € para os adultos. Tamén existe a posibilidade dos abonos mensuais, nos que hai as seguintes modalidades:

Adultos: 15 €
Mozos/as ata 18 anos: 0,60 €
Familiar (ata 3 persoas): 30 €
Familiar (máis de 3 persoas): 36 €

Durante o verán son organizados cursos de natación, tanto de iniciación como de perfeccionamento, para adultos e para nenos/as. As persoas interesadas en participar nos mesmos deben inscribirse nas instalacións das piscinas.

Pavillón municipal de deportes

O pavillón municipal está situado na Rúa da Veiga nº 6 (localización GPS, coordenadas: 42.763626,-7.562435, +42° 45' 49.68", -7° 33' 44.65").

As instalacións constan dunha pista cuberta con canastras e porterías, ximnasio e vestiarios.

Para poder usar as instalacións é necesario realizar unha solicitude que se presentará no rexistro do Concello de Paradela indicando: o colectivo que vai a usar as instalacións, días e horas nas que van a usar as instalacións e as actividades que se van a realizar. Ademais haberá que pagara as taxas fixada polo uso das instalacións, que son as seguintes:
-Por utilización da pista con iluminación: 9,00 euros/hora ou fracción
-Por utilización da pista sen iluminación: 6,00 euros/hora ou fracción
-Por utilización do ximnasio: 1,00 euro/hora ou fracción (persoa)
-Actuacións extradeportivas: 90,00 euros por actuación, por adiantado, debendo formalizarse un aval para responder dos posibles danos, fixándose o seu importe de acordo coa valoración dos servizos técnicos municipais

Campo de fútbol ¿O Gandarón¿

O Campo de fútbol municipal está situado no Gandarón, (localización GPS, coordenadas: 42.748556,-7.560954 ; 42°44'54.80"N ,-7°33'39.43" ). As instalacións están compostas polo campo, os vestiarios, as gradas e a cafetería.

Habitualmente é usado para os entrenamentos e os partidos da S.D. Paradela, se desexas asistir como público a algún dos partidos, podes consultar o calendario en

http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=7&categoria=1705&grupo=111400&jornada=29&c1=1

Para poder usar as instalacións é necesario realizar unha solicitude que se presentará no rexistro do Concello de Paradela indicando: o colectivo que vai a usar as instalacións, días e horas nas que van a usar as instalacións e as actividades que se van a realizar.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es