Fondo cabecera Concello de Paradela

Servizos Sociais

Os Servizos Sociais enmárcanse dentro da política global do Benestar Social como un dos seus instrumentos máis eficaces para garantir a atención das necesidades sociais así como promover e posibilitar o benestar de tódolos cidadáns.

Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os Servizos sociais municipais teñen por OBXECTO:

A detección e análise das necesidades e carencias sociais dos habitantes do Concello.

A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.

A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade e a mellora da autonomía persoal.

A atención dos cidadáns que se atopan en situacións de fraxilidade ou de desestructuración familiar mediante:

-Valoración das demandas e situacións prantexadas.

-Tramitación das prestacións e recursos axeitados a cada caso e situación concreta.

-Posta en marcha servizos e programas no propio domicilio ou entorno social cando así se requira.

Tramitación de recursos e prestacións a nivel Autonómico e Nacional por ÁREAS DE ACTUACIÓN:

Maiores
Familia, infancia e xuventude
Discapacidades
Dependencia
Muller
Inclusión social
Drogodependencias
Migracións

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es