Fondo cabecera Concello de Paradela

Municipio

Paradela ten unha poboación de 2.072 habitantes (datos: 01/01/2011) que se distribúen nunha extensión de 120 km2 entre as 18 parroquias do municipio: Aldosende, Andreade, Barán, Castro de Rei de Lemos, Castro (San Mamede), Cortes, Ferreiros, Francos, A Laxe, Loio, Paradela (San Miguel), San Facundo de Ribas de Miño, San Martiño de Castro, San Vicente, Santa Cristina, Santalla, Suar, Vilaragunte.

Xeograficamente, Paradela está protexido no seu límite oeste polo río Miño e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira cunha altitude de 838 metros, sendo a altitude media do municipio de 600 mts.

A súa estrutura socioeconómica aséntase na gandería, tanto de carne como de leite e en servizos relacionadas co mundo agrario: farmacias veterinarias, venda de pensos e produtos agrarios...etc. Pero tamén hai lugar para outras actividades económicas, destacan pola súa capacidade exportadora dúas empresas: Foles Miragaya e Bandexas Migamad.

O turismo é outro dos alicerces fundamentais da economía de Paradela, a maioría dos nosos visitantes achéganse a Paradela a través do Camiño Francés a Santiago e da ruta de sendeirismo do Río Loio.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es