Paradela está situada ao suroeste da provincia de Lugo entre o val do río Miño e o val de Sarria. Pertence á comarca de Sarria e á Ribeira Sacra Lucense. Limita ao norte co concello de Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio e ao oeste con Taboada e Portomarín.
Atópase a 18 km de Sarria, capital comarcal, pola que se chega a través da LU-633, de Portomarín está a 9 km. A distancia coa capital provincial é de 46 km. Desde estes 3 lugares pódese optar polo autobús para achegarse ao municipio.
As distancias coas principais cidades galegas son: Santiago de Compostela (111 km), A Coruña (143 km) e Vigo (185 km).