Parroquia situada na ribeira do río Loio, conserva unha notable vexetación autóctona de carballos e castiñeiros, ten a beleza propia dos lugares de ribeira protexidos pola montaña, está formada por 23 veciños e tres lugares Celmán, Fixón e Suar.
En Celmán podemos atopar unha casa de Fidalgos, cun escudo notable. A igrexa de San Lourenzo de Suar, de singular beleza,conserva a portada románica.