Fondo cabecera Concello de Paradela

San Miguel

San Miguel

Nesta parroquia está o núcleo urbano do municipio, centro comercial e de servizos, hai feiras os días quince de cada mes. Podemos atopar unhas boas vistas panorámicas desde o cruceiro de San Miguel. A parroquia está formada polos lugares de A Abelaira, Campo Redondo, A Carretería, Millarados, Pacios, Randulfe, Rodillón e San Pedro e nela viven 256 persoas. As festas patronais son o terceiro domingo de setembro na honra da Virxe das Dores e o 29 de setembro na honra de San Miguel.

PASEO RUXIDOIRA. Na capitalidade do concello existe un paseo que acompaña o regato Ruxidoira, onde o visitante poderá disfrutar dunha tranquila camiñata que o levará ata o conxunto etnográfico formado por unha fervenza e un muíño de recomendable visita.

IGREXA DE SAN MIGUEL. Templo románico que conta cunha artística pila bautismal do s. XVI ¿ XVII e un dos máis destacados cruceiros das terras luguesas, composto por un capitel de follas e volutas e un esbelto fuste monolítico decorado con motivos da Paixón de Cristo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es