Esta é unha das parroquias polas que pasa o Camiño Francés a Santiago de Compostela, nela viven 88 veciños repartidos nos lugares de Castrelo, O Cotorelo, A Laxe, Marcadoiro, Moimentos, Moutrás, A Pedreira, A Retorta, Sesmonde, Vilalvite.
A Laxe celebra o 16 de setembro a Virxe do Amparo e en Castrelo celebran festas patronais na honra de San Antonio de Padua o 13 de xuño.