Fondo cabecera Concello de Paradela

Castro de Rei

Santa María de Castro de Rei

É a parroquia máis extensa do municipio, está situada na parte sur do municipio, limitando cos municipios de Bóveda e Saviñao. Está formada polos seguintes lugares: Abelleiroá, Acevedo, Bacorelle, Bariz, As Barreiras, Bidueiro, As Bustaregas, Carballedo, A Carballosa, Cerxedo, Os Chaos, A Enxamea, Espiño, Feás, Ferreira, Foilebar, O Folgar, Hedrada, A Mámoa, A Matanza, O Mazo, Mide, Mosteiro Vello, Paredes de Abaixo, Paredes de Arriba, A Parrocha, Pena Corveira, Pereiro, Portocarreira, Preselas, Rañadoiro, As Reigañas, O Sacadoiro, San Martiño, A Seara, Uceira Branca, Val do Couto, Valmigallo, Vilachá, Zouro. Nesta parroquia viven un total de 529 persoas.

Celebran unhas festas patronais moi populares polas excelentes orquestras que actúan e nas que reciben numerosos visitantes, son en honor da Nosa Sra. do Rosario o primeiro fin de semana de outubro. En Mosteirovello celebran ademais o San Antonio de Padua o 12 e 13 de xuño en na Feasita celebran o San Roque o 3º domingo de agosto.

MOSTEIRO DE STA MARÍA DE CASTRO DE REI

Foi mosteiro Bernardo e antes mosteiro de monxes negros. Da igrexa primitiva só se conserva a ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos. No seu interior hai restos de pinturas do século XV e comezos do XVI e un interesante capitel prerrománico. O nome do poboado ¿Mosteirovello¿ alude ó primitivo emprazamento monacal dos séculos X e XI. Posúe Santa María de Castro de Rei, na súa cruz parroquial, unha valiosa xoia, dun metro de lonxitude, de prata repuxada con ampla macolla. Data de 1730.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es