Fondo cabecera Concello de Paradela
Inicio » Turismo » Feiras

Feiras

Feiras

Paradela celebra a súa feira mensual os días 15 de cada mes, na que ademais da tradicional compravenda de gando hai mercadillo de plantas, roupas e utensilios variados, sen que falten tampouco as tradicionais pulpeiras.

Cada ano, o día quince de maio celébrase unha feira especial. É a festa na honra do patrón do mundo agrario e gandeiro. Esta festa, na que hai actos durante todo o día, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasarrúas da banda, misa maior, orquestra... etc. pero ademais o visitante poderá ver o tradicional desfile de carros de vacas, a mostra de gando cos impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega), e xa pola noite poderá probar a excelente tenreira galega que se cría nas nosas explotacións con viño da Ribeira Sacra, todo aderezado coa música dunha boa orquesta.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es