Fondo cabecera Concello de Paradela

Santa María de Loio

Santa Maria de Loio

Sta. María de Loio (Cortes), é un lugar moi relevante na historia do Camiño de Santiago. Na capela podemos ver unha imaxe do Santiago que resume o que alí aconteceu, o nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e do sepulcro do apóstolo alá polos séculos IX-X.
A orde militar de Santiago ten orixes confusas, tanto na súa faceta castrense como na santiaguista. Don Elías Valiña Sampedro considera que o seu primeiro antecedente pode remontarse ao século IX, cando xurde en Santiago a Irmandade dos “Cabaleiros Cambeadores”, estes cabaleiros eran os templarios de Galicia que defendían os peregrinos e gardaban o sepulcro do apóstolo Santiago. A orde acada toda a súa plenitude no reinado de Fernando II.
É o profesor Amor Meilán o que recolle na súa “Historia da provincia de Lugo” (tomo IV) como foi a histórica asemblea que tivo lugar en Sta. María de Cortes para a creación da orde.
“Unos cuantos nobles en linaje, insignes en sabiduría, fuertes en las armas y gloriosos en todo lo material, pero pobres en virtudes y viciosos¿arrepentidos de su vida de disipación y escándalo, resolvieron sin abandonar las reglas de la caballería, a la cual pertenecían¿, hacer vida común y someterse a una regla religiosa que fuese como norma de su conducta y designar entre ellos un Prefecto y otros dignatarios que los dirigiesen y guiasen.”
O intento dos cabaleiros acada fortuna e a Orde ten prestixio e a protección de reis, prelados e papas.

  • O rei Don Fernando en 1170 incorpora a Orde a este mosteiro. Unidos en irmandade os cabaleiros e os canónigos, acordan facer as constitucións da mesma, nelas establécese que é no mosteiro onde se celebrarían os capítulos xerais, e que á morte do Maestre e ata a elección de outro, o prior da casa rexería o maestrazgo e a Orde toda.
  • En 1171 o arcebispo de Santiago nomea canónigo da súa igrexa ao Maestre e a todos os seus sucesores, entregándolle unha bandeira cunha cruz bordada en forma de espada.
  • O Papa Alejandro III, por medio da bula de 5 de xullo de 1175 aproba a constitución canónica da Orde, citando expresamente o mosteiro, o que demostra a grande importancia que acadou para a milicia xacobea.

Pero pronto xorden antagonismos entre os santiaguistas, creándose dous bandos, discrepancias que se agudizan no momento de elixir Maestre. Fan causa común os de Galicia e León fronte os de Castela. A elección de Fuencalada desgusta ao Conde de Sarria e isto foi seguramente o motivo de que se apartase da Orde, renunciado ao hábito e á encomenda maior que lle fora concedida e fundando outra milicia. Coa morte de aquel Maestre en 1184 volven as discordias entre os galaicoleoneses e os castelás que vencen de novo nomeando a don Fernando Díaz de Ávila, quen ao pouco tempo renuncia ó cargo e sucédelle o de Lemos. Esta milicia, tivo o seu lugar de enterramento para os cabaleiros de Galicia no célebre lugar de Vilar de Donas.
Horario de visita: Non hai culto polo que é necesario concertar previamente a visita, pode facerse a través do Concello de Paradela (tfno 982 54 11 01)
Ubicación: 42.788535, -7.598205 42°47'18.7"N 7°35'53.5"W

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es