Fondo cabecera Concello de Paradela

O Camiño Francés a Santiago (Paradela)

O Camiño de Santiago

No Camiño Francés a Santiago, no treito do Concello de Paradela, o visitante coñecerá os lugares de: Ferreiros, O Cruceiro, Mirallos, Pena, O Couto, Rozas, Moimentos, Cotarelo, Mercadoiro, Moutrás, A Parrocha e Vilachá.
O albergue público, equipado con 22 prazas, está no lugar de Ferreiros ao pé dunha carballeira. Xa o itinerario de Manier falaba da importancia deste lugar como fábrica de armaduras e diversos utensilios para abastecemento dos peregrinos. Non moi lonxe do albergue, no lugar de Veiga o camiñante poderá ver un dos poucos muíños que todavía se poñen en funcionamento, é o muíño de Jaime de Veiga.
Aproximadamente a 300 mts de Ferreiros está Mirallos, nome que algúns fan vir de “bella vista”, o lugar onde unha xoia do románico espera ao viaxeiro: Sta. María de Ferreiros.
Continuando a ruta chegamos á parroquia de Francos. Aquí, dise, existiu un monumento sepulcral, pero non se coñece a quen estivo destinado ni quen o mandou construír. Xa en 1120 se mencionaba este monumento, que se supón pertenceu a un importante viaxeiro, do que se enterraron os restos no lugar no que lle chegou a morte.                                             
Despois de pasar o lugar de Rozas, o camiño continúa na parroquia de Laxe atravesando os lugares de Moimentos e Cotarelo. Si nos desviamos uns metros do camiño, poderemos visitar a Igrexa de Santiago de Laxe.

No último tramo da ruta, o peregrino disfrutará dun descenso cara a ribeira do Miño e das vistas ao encoro de Belesar, lugar escollido pola súa beleza para algunha rodaxe publicitaria.
Ao seu paso polo lugar de Moutrás, o visitante poderá ver dos típicos hórreos galegos. En Vilachá, seguinte aldea da ruta hai un pombal ademais de viñedos e uns ben conservados muros que delimitan as fincas de labor.
Desde Vilachá (km 91.5), si nos desviamos un pequeno tramo, poderemos visitar Sta. María de Loio. Nesta capela hai unha imaxe de Santiago, un símbolo do que alí sucedeu nos séculos IX-X : o nacemento da Orden dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a proteción dos peregrinos e do sepulcro do Apóstol. Do mosteiro que os acolleu aínda se poden ver algúns restos en medio dos acivros existentes na zona.
O Camiño está inzado tamén de historias aínda máis antiguas. Os homes do Neolítico, construíron as mámoas ou medorras dos carballos e de monte Albillón na parroquia das Cortes, como lugares de enterramento e adoración dos seus mortos. Ás “modorras” citadas, temos que sumar as atopadas en monte da Gándara e a de Castrelo, na parroquia de Laxe; os dous túmulos de Marco Bregao, lugar de San Cristovo e os de Parede de Delle (Santa María de Ferreiros).           
Tamén é lugar de restos castrexos, a historia nos fala dos castros de Cortes, Castrelo, Moimentos, Guimarás e Delle, que se sitúan en torno ós camiños prerromanos, romanos e medievais.

Enlaces Adicionales

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es