Benvidos a esta páxina do Concello de Paradela, que agardo sexa antesala dunha visita física á nosa terra.
Paradela é un concello situado no sureste de Galicia, polo que discorre o Camiño Francés a Compostela, o que supón paso de peregrinos ¿terra aberta- desde hai 1.200 anos.
Pertencemos á Ribeira Sacra, terra de mosteiros milenarios, soutos de árbores autóctonas e fermosísimas ribeiras de ríos que invitan ó descanso, á contemplación e á vida.
Invítoos a informarse, a través desta páxina, do traballo colectivo dos paradelenses e das fermosas riquezas monumentais e pasaxísticas do noso Concello.
E cando xa nos coñezan a través da Rede, veñan á Paradela física, na que estamos agardándoos porque nesta vella terra ¿sempre Camiño- cabemos todos.
José Manuel Mato
Alcalde de Paradela