Fondo cabecera Concello de Paradela

CRUCEIRO DE SAN MIGUEL

CRUCEIRO DE SAN MIGUEL

O cruceiro de San Miguel está ao pé da igrexa románica de San Miguel (século XI ou principios do XII).

Co Cristo e a Dolorosa con puñal; capitel de follas e volutas; fuste esvelto, monolítico, está decorado con variados motivos da paixón.

A. Losada Díaz e E. Seijas Vázquez recollen no seu libro ¿Guía do Camiño Francés na provincia de Lugo¿ que é un dos máis orixinais de Galicia polo feito de ter modelado o fuste.

Víctor L. Villarabid descríbeo como ¿un dos máis artísticos e famosos das terras lucenses¿ no seu libro ¿Paradela e o seu concello¿

Foi seleccionado xunto co cruceiro e ponte de Pamplona, a igrexa de Santiago en  Sangüesa (Navarra) e Boadilla del camino (Palencia) para unha serie conmemorativa  do Xacobeo 99.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es