Fondo cabecera Concello de Paradela

Ermida de Penarredonda

Ermida de Penarredonda

A ermida de Penarrendonda está situada no cume do monte de A Trapa, desde este lugar divisamos as terras de Portomarín, Taboada, Páramo, Guntín e Taboada. Celebrase no lugar unha romaría con merendas o día 8 de setembro e son numerosas as lendas existentes en torno á Virxe de Penarredonda e este lugar. Villarabid recolle no seu libro “Paradela y su Concello” que se sacaba en procesión a Santa para solicitarlle chuvias ou tempo seco.

Tamén se conta a historia seguinte: había tres virxes que eran irmás e as tres foron levadas a tres sitios diferentes: unha era a Virxe de Penarredonda, outra a Virxe do Faro e a outra a Virxe das Milagres de O Cebreiro. Conta tamén a lenda que un día levaron a Virxe de Penarredonda a un pobo chamado San Vicente para ver si chovía, pero a Virxe negouse a ir.

Foi construída en 1970 e ten no seu interior retablos nos que se observan similitudes con San Facundo de Ribas de Miño.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es