No núcleo urbano de Paradela podemos atopar un conxunto etnográfico ben fermoso composto por un pequeno muíño restaurado, o Muíño do Cabo, unha fervenza e unha ponte de madeira.
Neste lugar termina o paseo que acompaña ao regato da Ruxidoira, tamén é o lugar de inicio da ruta do Loio, sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo como PRG-14, e no seu entorno están as piscinas municipais.
.
Ubicación: 42.764485, -7.564130 42°45'52.1"N 7°33'50.9"W