Fondo cabecera Concello de Paradela

Mirador de Cabodevila

Mirador de Cabodevila

O nome de Cabodevila vén do latin caput villae “cabeza, extremo” según recolle Nicandro Andrés no seu artigo “Toponimia de Paradela”. Este nome indica perfectamente como é o lugar, un cabo singular na ribeira do Miño que protexe a desembocadura do río Loio no río Miño.

Desde este lugar podemos ver unha das mellores de vistas de Portomarín.

Os máis vellos do lugar recordan Cabodevila por ser o lugar onde ían para arrancar a pedra que logo serviría para facer as pedras de moer dos muíños da zona, un traballo que facían de forma laboriosa para poder conservar ese lugar da mellor das maneiras posibles.

Desde Cabodevila, podemos subir un cacho pequeno ata chegar a Igrexa de Castro San Martiño. Esta modesta construción que segundo recolle Villarabid no seu “Paradela y su concello” está asentada nun antiguo castro aparece xa recollida no Inventario de Patrimonio que publica Elías Valiña Sampedro.

Desde o seu adrio podemos disfrutar da vista a Belesar.

Localización: 42°46'54.70"N - 7°37'19.45"O

Como chegar: O miradoiro de Cabodevila está a 7,3 km de Paradela e a 4 km de Portomarín. Desde o núcleo urbano de Paradela tomar a C-535 en dirección a Portomarín durante 6,6 km ata chegar ao lugar de Loio, alí tomar o desvío á esquerda pola estrada que vai a beira de Belesar durante 700 m. Desde este lugar temos moi próximo (3,4 km) o conxunto de San Facundo de Ribas de Miño.

Ubicación: 42.788835, -7.621409

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Paradela
Concello de Paradela
C/ Cabaleiros de Santiago N°15 – 27611 Paradela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 54 11 01 / 96 | Fax: 982 54 12 32 / 07
E-mail: concello.paradela@eidolocal.es