SERVIZOS QUE OFRECE O PUNTO DE INFORMACIÓN
-Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
-Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
-Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
REQUISITOS PARA Ó ACCESO
-Libre acceso para a consulta e a certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
-Ser titular catastral, o seu representante ou persona autorizada por el, para a consulta e a certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-Acreditación da identidade (DNI)
-Acreditación, no seu caso, da representación ou da súa autorización
UBICACIÓN
Casa do Concello
Rúa Cabaleiros de Santiago nº 15
27611 Paradela (Lugo)
Horario de atención ao público: de luns a venres, de 9:00 h a 14:30 h